Maria Teresa de Filippis
(1949) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de novembro de 1926 Marigliano (Reino de Italia) |
Morte | 8 de xaneiro de 2016 (89 anos) Scanzorosciate, Italia (pt) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
10 de maio de 1959 | Gran Premio de Mónaco de 1959 |
15 de xuño de 1958 | Gran Premio de Bélxica de 1958 |
18 de maio de 1958 | Gran Premio de Mónaco de 1958 |
Familia | |
Irmáns | Luigi De Filippis |
María Teresa de Filippis, nada en Nápoles o 11 de novembro de 1926[1] e finada en Scanzorosciate (Lombardía) o 8 de xaneiro de 2016, foi unha piloto de carreiras italiana. Foi a primeira muller en competir na Fórmula Un. Participou en cinco Grandes Premios do Campionato Mundial, debutou o 18 de maio de 1958, pero non anotou puntos no campionato. Aínda que tivo pouco éxito na súa carreira como piloto de Fórmula Un, gañou carreiras noutras series e é recordada como unha das pioneiras no deporte.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi unha amazona afeccionada nos seus anos de adolescencia.[2] Á idade de 22 anos, de Filippis comezou a súa carreira no automobilismo. Dous dos seus irmáns dixéronlle que non era capaz de pilotar moi rápido, incitándoa a facer unha aposta de que ía ser lenta. Gañou a súa primeira carreira, pilotando un Fiat 500 nunha carreira de 10 quilómetros entre Salerno e Cava de 'Tirreni. Pasou a pilotar no campionato italiano de automóbiles deportivos, terminando segunda na tempada 1954. Ao ver o seu potencial, Maserati fichouna como piloto oficial.[2]
De Filippis participou en varios eventos de carreiras de motor, incluíndo hillclimbing e carreiras de resistencia. Antes de darlle a oportunidade de pilotar na Fórmula Un, terminou segunda nunha carreira de coches deportivos de apoio ao Gran Premio de Nápoles de 1956, pilotando un Maserati 200S.[3]
Andaina na Fórmula Un
[editar | editar a fonte]Maserati lograra o éxito na Fórmula Un como fabricante de chasis na década de 1950, fornecendo a varios equipos e gañando numerosas carreiras. En 1957. Juan Manuel Fangio gañou o título de pilotos nun Maserati 250F, a súa quinta e última vitoria no campionato.[4] O equipo retirouse oficialmente do deporte a finais do ano, pero moitos dos coches quedaron, sendo pilotados por privados.[5] O 18 de maio de 1958 de Filippis tivo a oportunidade de participar no Gran Premio de Mónaco, a segunda rolda da tempada de 1958, nun dos 250Fs. Dos 31 participantes só a metade estableceron un tempo o suficientemente bo para cualificar, De Filippis quedou fóra da carreira xunto ao debutante e futuro presidente da Formula One Management e Formula One Administration Bernie Ecclestone. O tempo De Filippis de 1'50.8 foi estaba a 5,8 segundos do tempo de cualificación dos 16 máis rápidos que incluía aos futuros campións do mundo Mike Hawthorn, Jack Brabham e Graham Hill na súa primeira carreira.[6][7][8] Fangio deu a de Filippis unha chea de consellos durante a tempada. Nunha entrevista de 2006, lembrou que Fangio díxolle: "Vostede vai demasiado rápido, toma demasiados riscos".[2]
O Gran Premio de Bélxica de 1958 permitiu a todos os pilotos competir sen ningún límite de tempo de cualificación. De Filippis clasificouse no último lugar, a case 44 segundos de Tony Brooks o pole position. Malia que dobrárona dúas veces na carreira de 24 voltas amañouse para terminar, aínda que no décimo e último lugar despois de que os outros nove coches non puideran terminar.[9] Foi a única vez que rematou unha carreira.[1]
Na seguinte carreira, o Gran Premio de Francia en Reims-Gueux o 6 de xullo de 1958, de Fillipis non puido competir. Afirmou nunha entrevista de 2006 que o director da carreira francesa, dixo "O único casco que unha muller debe usar é o que está no salón de peiteado" e impediulle participar.
De Filippis tivo un mal resultado no Gran Premio de Portugal de 1958 en agosto. Cualificou no último lugar, máis de 15 segundos máis lenta que o coche diante dela, e só aguantou seis voltas antes de que o seu motor fallara. O 7 de setembro de 1958, comezou a o seu Gran Premio de casa no Autodromo Nazionale Monza desde o último lugar. Completou 57 das 70 voltas antes de ter que retirarse con problemas no motor. Como foi a 14ª retirada definitivo dos 21, podería haber clasificado oitava.[10][11]
De Filippis uniuse ao equipo Behra-Porsche RSK en 1959 pero de novo non puido cualificarse no Gran Premio de Mónaco. O seu tempo de 1'47.8 foi só tres segundos máis baixo que o de cualificación e un segundo por detrás do seu compañeiro de equipo Wolfgang von Trips.[12] Foi o seu último intento de cualificar nun Gran Premio, aínda que ela continuou en activo no automobilismo.
Retirada das carreiras
[editar | editar a fonte]1958 foi un ano tráxico na Fórmula Un coa morte de varios pilotos. O líder do equipo de Porsche Jean Behra morreu nun accidente nas carreiras o 1 de agosto de 1959 cando pilotaba na carreira de apoio para o Gran Premio de Alemaña de 1959 en AVUS.[13] De Filippis debía pilotar nese evento e quedou desolada polas mortes de varios amigos durante a súa participación no deporte, especialmente a de Behra. Deixou os circuítos e deu as costas ás carreiras de motor durante 20 anos.
De Filippis casou en 1960 e formou unha familia. Mantívose afastada de todas as formas de automobilismo ata 1979 cando se uniu ao Club Internacional de ex Pilotos de Gran Premio de F1, tomando o papel de Vicepresidenta en 1997. Tamén foi membro fundador do Maserati club, en 2004 pasaría a converterse no seu presidente.[2][11]
Legado
[editar | editar a fonte]De Filippis foi unha pioneira no automobilismo, un deporte dominado polos homes, ningunha muller volvería a correr na Fórmula Un durante os seguintes 15 anos. A súa compatriota italiana Lella Lombardi competiu entre 1974 e 1976 e segue sendo a única muller que terminou unha carreira de Fórmula Un nunha posición nos puntos. Outras catro mulleres competiron no deporte, a máis recente Giovanna Amati en 1992.[14]
Rexistro de carreiras
[editar | editar a fonte]Resultado completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1958 | Maria Teresa de Filippis | Maserati 250F | Maserati 6 en liña |
ARX | MON NSC |
NED | 500 | BEL 10 |
FRA | GBR | ALE | ITA Ret |
MOR | NC | 0 | |
Scuderia Centro Sud | POR Ret |
|||||||||||||||
1959 | Dr Ing F Porsche KG | Behra-Porsche RSK (F2) | Porsche Flat-4 | MON NSC |
500 | NED | FRA | GBR | ALE | POR | ITA | USA | NC | 0 |
Resultados na Fórmula Un fóra de campionato
[editar | editar a fonte]Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1958 | Maria Teresa de Filippis | Maserati 250F | Maserati 6 en liña |
BUE | GLV | SYR 5 |
AIN | INT | CAE |
1959 | Maria Teresa de Filippis | Maserati 250F | Maserati 6 en liña |
BUE | GLV | AIN | INT Ret |
OUL | SIL |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Williamson, Martin. "Maria Teresa de Filippis". ESPN. Consultado o 19 November 2011.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Eve, James (5 March 2006). "Maria Teresa De Filippis". Observer Sport Monthly. Guardian News and Media Limited. Consultado o 19 November 2011.
- ↑ "XIII GRAN PREMIO NAPOLI Another Bad Day for Ferrari". Motor Sport magazine archive. xuño 1956. p. 61. Consultado o 1 xaneiro 2016.
- ↑ Donaldson, Gerald. "Juan Manuel Fangio". The Official Formula 1 Website. Formula One World Championship Ltd. Consultado o 20 novembro 2011.
- ↑ "Hawthorn's title in a season of tragedy". ESPN. Consultado o 20 novembro 2011.
- ↑ "1958 Monaco Grand Prix". The Official Formula 1 Website. Formula One World Championship Ltd. Consultado o 20 novembro 2011.
- ↑ "Monaco Grand Prix 1958 / Results". ESPN. Consultado o 20 novembro 2011.
- ↑ "Graham Hill". ESPN. Consultado o 20 novembro 2011.
- ↑ "Belgian Grand Prix 1958 / Results". ESPN. Consultado o 20 novembro 2011.
- ↑ "Italian Grand Prix 1958 / Results". ESPN. Consultado o 21 novembro 2011.
- ↑ 11,0 11,1 Resteck, Hilary; Schuster, Casey. "Maria Teresa de Filippis" (PDF). TheHenryFord.org. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de decembro de 2010. Consultado o 21 de novembro de 2011.
- ↑ "Monaco Grand Prix 1959 / Results". ESPN. Consultado o 20 de novembro de 2011.
- ↑ "Cooper powers Jack Brabham to the title". ESPN. Consultado o 20 novembro 2011.
- ↑ Williamson, Martin (4 abril 2011). "Queens of speed". ESPN. Consultado o 19 de novembro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maria Teresa de Filippis |